Carlos Callón presentará o seu libro na Livraría Suévia (rúa Vila de Negreira, 32) o día 24 abril as 20 horas.
Participarán, ademais do propio autor,
Ermitas Valencia (socia da Mesa e propietaria da libraría), Xosé Ramón
Freixeiro Mato (profesor de Lingua e Literatura Galegas na Universidade
da Coruña e autor, entre outros, dunha completa e innovadora Gramática
da Lingua) e Manuel Bragado (director de Xerais).
Monoulious, Balbina e Lydia Botana animarán as festas do Correlingua 2013
O fallo do xuri do Cantalingua 2013 composto por grupos de alumnado
pertencentes aos seguintes centros de ensino: IES María Sarmiento de
Viveiro, IES de Arzúa, e CPI Vicente Otero de Carral foi o seguinte:
1º- Monoulious co tema Cansión Jallejo-Americana
2º- Balbina co tema Cantar Cantei
3º Lydia Botana co tema Quen nos queima
Organizada polo Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)esta exposición itinerante permanecerá aberta na Coruña na Casa-Museo Casares Quiroga do 3 ao 21 de abril.
Mostra de Curtas organizada pola Escola Oficial de Idiomas.
Luís Iglesia, o Carmelo de 'Matalobos', será o presidente de honra da gala de premios que se celebrará o 9 de abril na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
Xa está aberto o prazo
para participar no III Festival CinEOI Coruña Curtas 2013, un concurso
de curtametraxes concibido para promover a creatividade audiovisual en
galego. Este concurso está organizado polos equipos de Dinamización
Lingüística (EDLG) das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) da Coruña e
Santiago de Compostela e o Conservatorio Profesional da Coruña, amais de
contar coa colaboración da Concellaría de educación do Concello da
Coruña.
A terceira
edición deste certame celebrará a súa tradicional gala de premios o 9
de abril no Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e
contará coa presencia do actor Luís Iglesia. O intérprete, que dá vida
ao personaxe de Carmelo na serie ‘Matalobos', será o presidente de honra
do evento, un cargo que foi desempeñado por Luís Tosar na anterior
edición do Festival no 2012.
A data límite para a recepción dos traballos foi o 30 de marzo. O tema dos mesmos é libre, cunha
duración máxima de 10 minutos e rodados en galego. Poden participar
todos os estudantes dos centros colaboradores e mais o alumnado dos
centros de secundaria e do terceiro ciclo de primaria do Concello da
Coruña. As obras gañadoras serán seleccionadas por un xurado integrado
por profesionais de recoñecido prestixio no audiovisual galego e
recibirán premios en metálico e un exemplar doDicionario do cine en Galiciadoado
de Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Ademais, as curtas
galardoadas proxectaranse na sede do CGAI no mes de maio no marco do
ciclo Off Galicia.
As bases completas do concurso e a información toda pódese consultar no apartado de actividades do ENDL na webwww.eoicoruna.org. Podemos ver nesta mensaxe a curta promocional gravada polo equipo ENDL da Coruña para animar á participación,www.eoicoruna.org, ou no Facebook (Endl AA Coruña) ou a través de Youtube :