30/11/12

Un desConcerto para o desPrestige

Burla Negra organiza este sábado 1 de decembro un concerto en Santiago no décimo aniversario da catástrofe


DésCÁLOGO


Dés-feito o Litoral
Dés-manteladas a cultura, a educación e a sanidade
Dés-moronados o agro, a industria e a pesca
Dés-terrada unha nova xeración de moz@s
Dés-contento o pobo
Dés-acreditada a clase política
Dés-baratados os cartos públicos en delirios faraónicos
Dés-afiuzada a xente
Dés-prezada a lingua
Dés-protexidos os nosos bens naturais por todos os gobernos
Que nos queda?
Dés-ertar ou Es-pertar?

24/11/12

O TSXG anula o artigo do decreto do plurilingüismo que vetaba o ensino do galego en Infantil

A Xunta desafía o TSXG e seguirá consultando aos pais a lingua do ensino

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estima parcialmente o recurso presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma Queremos Galego contra o Decreto de Plurilingüismo do Goberno de Núñez Feijoo.



21/11/12

18/11/12

Concurso de monólogos en galego

Data:
Prazo: ata o 5 de decembro de 2012
Organizada por:
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude
Requisitos:
  • Alumnado dos IES e dos CIFP púbicos, así como dos centros concertados e privados do concello da Coruña.
  • Descrición da actividade:
  • O monólogo vai consistir nun discurso dun máximo de 5 minutos en lingua galega que deberá tratar o tema determinado para cada categoría.
  • Os monólogos deberán ser “falados”, non lidos. O feito de ler algo será causa de descualificación inmediata.
  • O alumnado poderá participar individualmente ou por grupo. Vos grupos poderán contar cun máximo de cinco particicipantes.
  • Temática: os monólogos deberán versar sobre os seguintes temas:
  • Categoría de 1.º ciclo da ESO: WhatsApp
  • - Categoría de 2.º ciclo da ESO: De maior quero ser...!!
  • - Categoría de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior: Crise? Que crise?...

16/11/12

RecitandoCelsoEmilio

Video realizado no obradoiro de animación Plástica As Barxas (Moaña)
Alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coordinados por Luz Beloso


14/11/12

Facendo partículas polo mundo

Videoconferencia (6/11/2012) organizada pola CGENDL

 

13/11/12

d-Lingua

Plataforma cooperativa do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia 
 
A CGENDL, xunto coa CTNL e a SXPL, participa activamente no desenvolvemento de d-Lingua, unha plataforma cooperativa do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) que procurará rendibilizar o noso traballo normalizador ao partillar a producción e a reutilización de recursos de fomento da lingua galega. Así, a través de d-Lingua, os ENDL accederán a materiais, campañas, propostas, etc. elaboradas por outros equipos para aplicar e adaptar nos seus propios centros, así como a outro tipo de recursos empregados polos Servizos de Normalización dos concellos, das universidades ou as asociacións e outras entidades. O noso traballo normalizador depende, en boa medida e máis nestes tempos, da cooperación entre todos/as e da optimización do noso esforzo, por iso vos convidamos a asistir a unha breve xornada de formación para os ENDL que ten como obxectivo coñecer o funcionamento de d-Lingua e resolver todas as dúbidas que poidamos ter. 

Data e lugar: Venres 23 de novembro, entre as 17h e as 20h. Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro - Santiago de Compostela). 

Programa: 
  • Presentación e visita guiada pola plataforma. 
  • Dereitos Creative Commons: descrición da filosofía e tipos de licenzas. 
  • Os recursos da normalización lingüística: presentación de tipoloxías principais. 
  • Os dereitos de autor: sesión práctica. Establecemento da propiedade intelectual e dos dereitos de autor adaptándose ás circunstancias do ensino. 
  • Presentación dun protocolo de cesión de dereitos apto para d-Lingua. 
Pregamos que nos confirmedes (nome e apelidos e centro educativo) a vosa asistencia xa que o aforo é limitado. Independentemente da asistencia á xornada de formación, d-Lingua abrirase a todos os Equipos e docentes interesados cando se poña en marcha. O futuro da lingua constrúese entre todos/as, apostemos activamente pola cooperación.

12/11/12

Taller de iniciación á curtametraxe

Organiza a EOI en colaboración co Concello da Coruña

Ábrese o prazo de inscrición o 13 de novembro ao 12 de decembro na Escola Oficial de Idiomas. Realizarase o curso nos meses de xaneiro e febreiro de 2013.

09/11/12

Galego-Portugués ou viceversa

Relatorio organizado polo ENDL en colaboración co departamento de portugués da EOI
xoves 15 de novembro ás 19 horas

06/11/12

O muíño da lingua

A facultade de Ciencias da Universidade da Coruña inaugura este novo espazo de promoción para o uso do galego

A Comisión de Normalización Lingüística da facultade de Ciencias estrena un novo espazo, situado no campus da Zapateira. Concebido como un novo servizo de intercambio entre toda a comunidade universitaria, o bautizado como Muíño da Lingua é unha peza que se integra no mobiliario urbano entre os centros de Arquitectura e Ciencias.
A obra é dun estudante da Escola Técnica Superior de Arquitectura Camilo Blanco Pampín, gañadora do premio Luisa Villalta de 2010. Con esta nova infraestrutura, o Servizo de Normalización Lingüística busca promover o uso do galego entre tódolos estudantes e profesores da entidade.
   “Do mesmo xeito que unha mensaxe nunha botella, toda a comunidade universitaria poderá deixar apuntes casuais, estados de ánimo, unha observación, un consello, un contacto, un debuxo, un CD, un libro… e sorprenderse co que atope no seu interior”. Con estas palabras explicaba o propio artista a concepción da súa obra, que despertou grande expectación no campus universitario durante a súa presentación.

03/11/12

prima de risco

Vídeo de promoción do concurso Tes cinco minutos, grávao e cóntanolo, que organiza a CNL da Facultade de Económicas e Empresariais da USC